Skip to main content

A V Edición da Festa da Malla, coa que colabora o Goberno Provincial, terá lugar a carón do Pozo da Ola o día 31 de agosto.

Así as vellas tradicións e oficios non se perden grazas aos veciños e que comezarán a xornada, ao mediodía mallando o trigo, e despois haberá diversas actividades como demostracións, música folclórica, xogos populares e comidas campestres, para despois continuar o traballo durante a tarde.

A disco móvil Vivelo amenizará o traballo da mañá e a comida estará formada por empanada, fideuá, carrilleras, postre e café, por 16 euros para os comensais adultos e para 12 euros, os cativos. Hai que recoller nas tendas e negocios colaboradores da cita o tícket co que ir ao xantar.

Cando remate a malla pola tarde, todos poderán desfrutar dos xogos acuáticos no Pozo da Ola, como tobogáns, kaiaks, rocódromos acuáticos e todo baixo a supervisión dun monitor. Tralos pinchos para cear, a disco Vivelo porá a música coa despedir o encontro.