Arrinca a tempada coa Copa Deputación na Mina

O equipo sénior do Spórting Pontenova xa ten rival na primeira ronda da XXXVII Copa Deputación 19/20 e será contra a S.D. Guitiriz o domingo 8 de setembro no campo local da Mina. Normalmente os partidos xóganos as 21 horas.

Aparte, a nova web do clube informa do calendario de partidos como o do 29 de agosto contra o San Ciprián no campo da Mina e o do 30, no mesmo lugar, contra o Mondoñedo Ciudad.

Aparte, animan a facerse socio do clube ou a renovar o carné na web mediante PayPal ou tarxeta. Aseguran que necesitan apoios neste 40 aniversario da entidade. A tarxeta de abonado individual custa 30 euros, 50 euros a familiar e 90 euros, a de socio protector.

O clube fundouse en 1979, militando nesa primeira tempada no Grupo Norte da Segunda Rexional.
O primeiro partido do equipo disputouse o 23 de setembro dese mesmo ano, contra o C.D. Santaballés. O Campo da Mina inaugurouse o 7 de Outubro da misma campaña, durante as Festas das San Lucas, ca disputa da cuarta xornada do campionato entre o Spórting Pontenova e o Arxeriz.

Etiquetas