Forma-t de Vilalba impartirá o curso Maquinistas: procesadora e autocargador forestal

A empresa de formación Grupo Forma-t de Vilalba vai impartir este ano o curso Maquinistas: procesadora e autocargador forestal, que ten como obxetivo responder a alta demanda de maquinistas de procesadoras e autocargadores forestais, de contribuir a incrementar a seguridade no traballo e de mellorar a profesionalización do sector.

Con este curso, que dará comezo o 16 de setembro, pódense atopar oportunidades nos mercados laborais de empresas líderes neste sector.

Este curso é presencial e ten unha duración de 3 meses. Abrangue os principais coñecementos básicos para o uso de maquinaria forestal mediante a formación combinada de teórica e práctica. Aprenderanse os fundamentos principais para o uso de maquinaria e o seu mantemento, ademais do certificado en prevención de riscos laborais e unha formación nun simulador de última xeración e experiencia sobre máquinas profesionais.

Está dirixido a persoas interesadas en empezar a traballar no mercado de maquinistas forestais, principalmente a persoas sen previa experiencia en procesadoras e autocargadores forestais pero que teñan preferiblemente xa tempo de traballo no manexo de maquinaria agrícola ou obra civil e/ou coñecementos de mecánica.

Para inscribirse no curso haberá que completar un formulario previo na web https://formacionforestal-es.webnode.es/inscripciones/.

 

Etiquetas