Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O BNG de Viveiro chama a acudir á manifestación polo saneamento da ría o 31

Por 30 Agosto, 2019Sin comentarios

O BNG de Viveiro quer parabenizar unha vez máis á veciñanza de Celeiro que decidiu mobilizarse en beneficio da Ría de Viveiro e que agora constitúen a Plataforma Veciñal Pro-Celeiro, coa finalidade, de continuar esixindo as melloras anunciadas para o saneamento da Ría de Viveiro entre outras. Este tipo de accións veciñais mostran unha vez máis a necesidade de actuar ante un goberno municipal falto de iniciativa e sen capacidade resolutiva para solventar as problemáticas que ten o noso concello, segundo os nacionalistas, liderados na localidade por Miriam Bermúdez.

Dende o BNG apoiamos totalmente esta reivindicación convocada pola plataforma Pro-Celeiro, sinalan e engaden que chaman masivamente a todo o pobo do Concello de Viveiro a que se sumen para esixir unha Ría e, en definitiva, unha contorna máis limpa e con vida.

A manifestación sairá dende a praia de Celeiro o sábado día 31 ás 18:00h.