Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O foro de automoción de Ribadeo presenta un novo proxecto Erasmus

Por 30 Agosto, 2019Sin comentarios

Segue no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias, de Ribadeo, o VIII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que organiza APAGA (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia). Os máis de 80 participantes asistiron a conferencias nas que se falou de Saint Globain: a solución completa para o acabado do automóbil, de Nocións e fundamentos dos lubricantes para motor e de Organización de talleres e de Transmisión automática 8HP. Xa pola tarde seguirán os talleres de soldadura, climatización, caixa de cambios DSG e apertura de vehículos. 

Houbo unha presentación do novo proxecto Erasmus + de mobilidade: Calidade, eficiencia e cooperación na Formación Profesional. E o xoves, en torno ás 10.30 horas, celebrarase a asemblea xeral de APAGA. 

Xa o venres pola mañá seguirán as conferencias e pola tarde será a homenaxe ao empresario Eduardo Barreiros, que coincide co cen aniversario do seu nacemento. Álvaro Doural, o presidente de APAGA, lembrou onte que “o venres teremos un acto que creo que vai ser moi emotivo e que, como as demais actividades do Fórum, está aberto a todos os que queiran vir. Creo que pode ser moi interesante porque vamos contar co director da película sobre Eduardo Barreiros, que é Simón Casal; o actor principal, Manuel Regueiro; e un grupo de enxeñeiros que traballaron na factoría de Barreiros en Madrid, para rematar coa intervención do xornalista Martín Fernández Vizoso, que falará sobre Barreiros en Cuba. Esta actividade vai ser no salón de actos do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias a partir das cinco da tarde e rematará cun viño e uns pinchos, co que concluirá este oitavo Fórum”.