Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A feira da horta do domingo en Ribadeo rinde tributo ao tomate cunha festa

Por 31 Agosto, 2019Setembro 3rd, 2019Sin comentarios

O Mercado dos Domingos de Ribadeo renderalle homenaxe ao tomate este 1 de setembro. Haberá degustación deste produto da horta e tamén música, entre outras actividades. 

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explicou que “o Mercado dos Domingos de Ribadeo quere continuar apostando pola alimentación saudable, sostible e polo produto de proximidade  e nesta ocasión quere dedicarlle un día ao tomate. Ese produto do que existen moitas expresións coma Toma Tomate ou Aquí hai tomate e  que deixa constancia da enorme popularidade deste produto, base culinaria de moitas das nosas receitas e que no verán está no seu máximo esplendor”. 

O edil ribadense contou que “o 1 de setembro o Mercado dos Domingos acollerá a celebración de Toma Tomate, na que ademais da venda directa dos produtores e produtoras que cada domingo acoden ao mercado haberá diversidade de actividades nas que o tomate será o protagonista. Así desde primeira hora poderemos gozar cunha mostra das diferentes variedades do tomate. ás 11:30 horas dará comezo dentro do espazo Experiencias do Mercado unha actividade que denominamos Cociña&Tomate:  Viaxe á historia do tomate & Degustación. E tamén teremos música en directo con Vudú a partir das 12:30 horas”.