Skip to main content
A PontenovaActualidadeSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A romaxe de Conforto na Pontenova atraerá a turistas e fieis o 8 de setembro a esta parroquia

Por 31 Agosto, 2019Sin comentarios

O santuario da parroquia pontenovesa de Conforto, ao que se accede dende Lugo pola N-640 que leva a Pontenova e logo pola estrada comarcal a Taramundi a cinco kilómetros da urbe pontenovesa, non só permite ver unha paisaxe dende o alto dunha parte montañosa de localidade, senón que festexa cada 8 de setembro unha romaxe con moitos fieis.

O día 8 de setembro, festividade de Santa María de Conforto, veñen devotos de municipios da provincia de Lugo e de Asturias. Véñense ofrecer por si mesmos ou para conseguir algunha intercesión para outros. Hai varias misas ao longo da mañá e a procesión tras a eucaristía cantada, que consiste en dar unha ou varias voltas ao redor do santuario. Hai quen va andando ata o santuario, de pe ou de xeonllos, outros cunha figura da Virxe, outros con ramas de tello. Algúns tocan á Virxe cun pano que logo colgan dunha árbore pegada á fonte.

A fonte data do 1772 e foi mandada facer polo sacerdote Don Fernando Miranda. Ten na parte superior unha imaxe pétrea de Santa María de Conforto. O ritual consiste en mollar panos na agua e pasalos por partes enfermas do corpo e despois deixar atados os panos na vexetación que arrodea á fonte.

A construcción da santuario iniciouse en 1662, a tribuna é do 1713 e a torre de 1733 e o portón principal é de trazado renacentista. Os retablos teñen imaxes dos séculos XVI, XVII y XVIII. O retablo maior foi pintado en 1681 por Domingo Rodríguez Villameá. Ademáis consérvanse numerosos obxectos de tipo relixioso no Museo de Arte Sacro de Santa María de Conforto, situado ao carón do santuario.

A imaxe do santuario é de Elisardojm.