Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

As Catedrais acolle este domingo, 1 de setembro, unha xornada de voluntariado de educación ambiental

Por 31 Agosto, 2019Sin comentarios

A praia ribadense das Catedrais acolle este domingo, 1 de setembro, unha xornada de voluntariado e educación ambiental na que hai previsto un centenar de participantes organizada pola Fundación Oxígeno.

A xornada desenvolverase no marco da campaña ‘La mar de limpio’ que ten como obxectivo sensibilizar a turistas e veciños sobre a importancia de coidar e protexer o litoral e o mar frente ás diferentes ameazas e problemáticas que sofre.

Residuos que flotan no mar e se depositan nas praias ou se comen os peixes, vertidos ilegais de cidades e empresas, a sobrepesca de algunhas especies, o exceso de formigón pola urbanización desmesurada, a invasión de especies invasoras de fauna e flora son algunhas das situación que están terminando coa calidade da costa.

Concienciar e informar a través de actividades lúdico-educativas in situ, detectando e vendo as situacións que a actividade humana xera e que son perxudiciais para o medio mariño é un obxectivo da campaña promovida pola Fundación Oxígeno que conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica, o programa europeo Life e Life Intermares, ademais de colaborar con concellos, asociacións culturais ou escolas de surf  e da Rede Transcantábrica de Custodia do Territorio. 

As actividades gratuítas e para todos os públicos que haberá nas Catedrais serán obradoiros familiares, un punto informativo, un divertido fotocall, pegatinas, postais, cinceiros de regalo xunto a accións de voluntariado.

O comezo da campaña foi en xuño percorrendo durante o verán municipios do País Vasco, Galicia, Asturias e Cantabria e chegando agora a Lugo.

Os interesados poden chamar ás monitoras que estarán na praia ao teléfono 601.627.400.