Ata o 5 de setembro está aberto o prazo para presentarse a conserxe do Ceip de Reinante en Barreiros

O Concello de Barreiros informa sobre que o 5 de setembro remata o prazo para presentarse a un un posto laboral temporal como conserxe do colexio público San Miguel de Reinante. As bases publicáronse no boletín provincial do pasado 28 de agosto e especifican que será de xeito temporal, ata que dita praza se cubra de forma definitiva mediante o correspondente proceso selectivo que se pretende iniciar antes de finais deste ano 2019.

A relación xurídica co concello será de persoal laboral temporal, cun
salario bruto mensual de 1.050 €, que inclúe a parte proporcional das pagas extras. As vacacións correspondentes que non se podan disfrutar abonaránse ó final do contrato, xunto coa indemnización de fin do mesmo.

O horario de traballo será de 8:30 a 16:00 horas de luns a venres. As principais tarefas que terá que desenvolver a persoa seleccionada serán as seguintes:
– recepción e atención do alumnado do Programa “Abrente”, en horario de 8:30 a 9:15 horas.
– Revisión e mantemento dos espazos dentro do recinto: reparacións rutinarias (persianas, luces, billas, …), comunicar desperfectos ó concello, mantemento do patio de zonas axardinadas (cortar ó césped, xestionar a poda de árbores, limpeza dos patios, vaciado dos contenedores e xestión do lixo para reciclaxe,…).
– Mantemento da calefacción: revisión inicial de posta a punto, revisión do depósito de gasóil para avisar antes de que se vacíe, encendido e apagado da calefacción, control dos niveis do depósito de propano da cociña, …
– Movemento e traslado de mobiliario e equipos.
– Reposición de toallitas, papel hixiénico e xabón.
– Reparto de circulares e información polas clases cando sexa necesario.
– Control da entradas e saídas da persoas alleas ó centro.
– Timbrar para as entradas e saídas.
– Recollida e entrega de correspondencia.
– Realizar fotocopias, encadernacións, plastificacións,… cando así se lle requira.
– Atender ó teléfono en caso de non haber profesorado.
– Control para a reposición de material didáctico e escolar de uso común (folios, tizas,
bolígrafos, grapas,…)
– Labores de apoio á limpeza cando así sexa necesario e se indique polo Centro ou polo
Concello.

As persoas que desexen entrar a formar parte do proceso de selección, deberán presentar solicitude no modelo oficial que se facilitará nas oficinas municipais e na páxina web do concello.

As solicitudes presentaránse no Rexistro Xeral do concello ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do Procedemento administrativo común das administracións públicas, incluída a sede electrónica municipal.

As solicitudes que non se presenten no Rexistro Xeral do Concello, e se fagan a través doutros medios (correo, ventanilla única doutra administración, …) deberán comunicalo dentro do prazo mediante fax ó número 982124110, remitindo copia anexa da solicitude presentada. Serán excluídas todas as solicitudes que non remitiran este avance ó fax dentro do prazo de presentación de solicitudes.
do anuncio no

Urxe a contratación porque o curso comeza o 11 de setembro.

Etiquetas