Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Rematou o campamento de verán de Viveiro

Por 1 Setembro, 2019Sin comentarios

Rematou o campamento municipal de verán de Viveiro, que comezara o día 11 de xullo no Pavillón do IES Vilar Ponte. Este servizo prestouse de luns a venres, de 8.30 a 14:00 horas, intentando, deste xeito, facilitar en maior medida a conciliación familiar e laboral durante estes meses estivais. 

Foron un total de 99 nenos e nenas, con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, e que puideron desfrutar das actividades organizadas pola empresa encargada do servizo, e que intentou compatibilizar actividades lúdicas, deportivas e manualidades tanto ó aire libre como no interior das instalacións. 

A festa do remate celebrouse nas instalacións da piscina municipal onde, por parte da Concelleira de Benestar Social, Victoria Baamonde, se fixo entrega dos diplomas a cada un dos participantes.

O Campamento de Verán é un servizo que o Concello de Viveiro vén ofrecendo de forma gratuíta, dende hai varios anos, co propósito de favorecer a conciliación familiar durante o período estival coincidindo coas vacacións escolares; trátase dun servizo xa consolidado e altamente demandado polos veciños e veciñas de Viveiro.