O Vicedo dá un impulso aos trámites de rexeneración da praia de Fomento

Un dos proxectos máis importantes para a alcaldía do Vicedo é o da rexeneración da praia de Fomento. O alcalde, Jesús Novo, mantivo encontros recentes en Madrid cos responsables da Dirección de Costas para avanzar nos permisos que permitan poñer en uso o areal.

Neste momento non é apta a praia para o baño polo exceso de algas. O alcalde clarexa que o areal está limpo e que non recibe verquidos, pero admite que ten moito lodo e barro por iso hai que acondicionala, opina, ademais de estar moi próxima ao paseo.

Barállanse varias posibilidades, como a de construír un muro de contención.

Etiquetas