Equus Norte organiza unha ruta cabalar pola Pontenova o 21 de setembro

A paixón polos cabalos tamén se deixa sentir na Pontenova, partindo xa da propia tenente de Alcaldía, Isabel Couto, e da súa familia, auténticos apaixoados por esta afición. Trátase da sexta edición da ruta Equus Norte, que terá lugar o día 21 de setembro na Pontenova.

O colectivo déixase ver cos seus equinos por diante da Praza dos Fornos para percorrer con eles lugares próximos ao río e paisaxes naturais polas parroquias e rutas da localidade.

De feito en Equus Norte son tan defensores dos animais que no seu Facebook fanse eco das reclamacións para que haxa máis praias para cans. Tamén difunden imaxes de cadelos perdidos na zona para que a xente os atope ou os adopte e mesmo o caso un cabalo perdido no Acebro.

En xuño participaron noutra ruta esta vez por praias en Barreiros cos Cabaleiros de Penabor pero son moitas as xuntanzas ás que acoden. Noutros anos, a ruta pontenovesa estaba composta por campionatos e competicións, para animar a xornada, e contaban con comida e música para pasar un día de festa entre os aficionados aos cabalos. E así semella que será desta vez.

Etiquetas