Foz volve recoller artigos en setembro nos domicilios

No mes de setembro volve a recollida de artigos polos domicilios focegos. Os interesados poden anotarse no teléfono 982 133 159 ou na oficina de Medio Ambiente no primeiro andar do edificio do Cenima no Porto. As caixas de cartón hai que plegalas e metelas no colector de papel e cartón, non se deben deixar amoreadas ao redor dos mesmos, sobre todo si é fin de semana.

O fin de semana non hai recollida de cartón. O Concello pide especialmente aos locais de hostalería, supermercados e tendas, que si non hai sitio no colector, deixen os residuos de cartón no almacén ata o día en que pase a recollida. Tan só hai recollida de cartón os martes e os venres en horario de mañá, así mesmo recordan que se se deixa o sábado ou o domingo cartón fóra do colector, estará na rúa até o martes.

Dende o departamento de Medio Ambiente do Concello de Foz fan un chamamento xeralizado con respecto á conciencia de ter un pobo limpo e respectuoso co medio ambiente. Dende o servizo de recollida de lixo estanse detectando moitas eivas nos depósitos de lixo, que en moitas ocasións están a facerse dunha maneira incorrecta, segundo afirman. Lembran ademáis que en setembro volta a recollida de artigos por domicilio, previo aviso.

O punto limpo de Escanlar, en Vilaronte, está aberto no seu horario habitual como todo o ano, os luns, mércores e venres en horario de 09:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:00 e, os sábados, de 09:00 a 13:00. Alí pódense depositar todos eses artigos sen ningún tipo de custe.

Xa se comezou a traballar co lavado dos colectores que se contratou, así que dende o Concello tamén piden que ao depositar o lixo, hai que facelo sempre en bolsas pechadas, para así garantir que ao día seguinte non están de novo dando mal olor como se non se tiveran lavado.

Por outra banda, estanse a acometer os desbroces e limpeza de maleza de rúas, camiños, parques, paseos e fontes do casco urbano e as parroquias.

Etiquetas