Os proxectos de Norvento inclúen varios parques eólicos na Mariña

Os proxectos da compañía enerxética Norvento na comunidade galega, en concreto en Lugo, inclúen cinco novos parques eólicos cun total de 128,25 mw de potencia instalada, situados en A Pastoriza, Abadín, Riotorto, Mondoñedo, Lourenzá, A Pontenova y Trabada. A posta en funcionamento de todos eles está prevista para antes do 31 de decembro e evitarán a emisión de catro millóns de toneladas de CO2, producindo unha enerxía anual equivalente ao consumo de 90.000 fogares.

As administracións locais e autonómicas tamén se beneficiarán da construción destes parques, xa que durante a súa vida útil xerarán ata 19.000 millóns de euros en concepto de impostos.

As obras do parque eólico de Norvento, ubicado entre Abadín e A Pastoriza, foron visitadas a finais de agosto por Ángel Bernardo Tahoces, director xeral de Enerxía e Minas, por José Manuel Balseiro, delegado da Xunta en Lugo e por Iván Nogueiras, director xeral da compañía.

Este parque conta con dez xeneradores con capacidad de produción de 34,65 mw, que emitirán 50.000 toneladas de CO2 anuais.

Etiquetas