Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A parroquia cervense de Rúa celebra unha malla o sábado 7

Por 4 Setembro, 2019Sin comentarios

A parroquia de Rúa celebrará o vindeiro  sábado, 7 de setembro, a Festa da Malla, organizada pola Asociación de Veciños de Rúa Candelaria, coa colaboración do Concello de Cervo.

A cita foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Turismo, David Rodríguez, e por varios membros da Asociación de Veciños.

A Festa comezará ás 10:00 horas con paseos a cabalo e unha ruta de sendeirismo. Xa ao mediodía o Grupo Vivarium será o encargado da sesión vermú. Ás 14:00 horas haberá un xantar a cargo de Chao de Brea que será de balde para os nenos de ata 5 anos, 10€ terán que pagar os pequenos de 5 a 10 anos, e 20 euros os maiores de 10 anos.

Pola tarde, ás 17:00 horas, haberá xogos populares, seguidos da Malla que está prevista para as 18:30 horas. Ao remate venderanse racións de empanada e bolos preñados.

Ás 22:00 horas comezará a verbena da man do Grupo Virarium.

As persoas interesadas en asistir ao xantar teñen que anotarse antes do día 31 de agosto nos teléfonos 609 672 202 ou 635 815 591. Os asistentes poderán ir vestidos de época para ambientar a festa.