Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXA

Renovado o compromiso de colaboración da Deputación con Acruga

Por 4 Setembro, 2019Outubro 1st, 2019Sin comentarios

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, reuniuse co responsable de Acruga, César Dorado, un encontro no que Tomé coñeceu as necesidades e inquedanzas do sector e renovou o compromiso de colaboración da institución provincial coa asociación. A Deputación destinou en maio 1,4 millóns de euros para os vindeiros catro anos aos produtores lucenses de Rubia Galega. A iniciativa, na que Acruga fai de intermediaria, inclúe axudas directas a explotacións lucenses polo primeiro parto das femias reprodutoras inscritas no rexistro xenealóxico. Son ata 500 euros por animal nacido.

Ademais, a Deputación de Lugo achega unha colaboración directa coa asociación de criadores, que se leva facendo dende o 2007, para a recría e mellora xenética dos animais nas instalacións da Granxa Gayoso Castro para a súa posterior venda, principalmente en poxas. A iniciativa xa favoreceu a recría de 1.650 animais e supón un aforro superior aos 2 millóns de euros para os produtores, ao asumir a Deputación os custos da recría, así como beneficios doutros 2,4 millóns pola venda de exemplares a un prezo medio de 2.000 euros.