Trabada acada financiamento para rehabilitar a antiga escola

Trabada conqueríu fondos cos que rehabilitar a antiga escola para albergar un centro etnográfico. A alcaldesa, a socialista Mayra García, anunciou que “con este proxecto o que pretendemos é crear un centro etnográfico público de carácter municipal que nace coa misión de reunir, custodiar, conservar, incrementar, investigar, comunicar e difundir o patrimonio material e inmaterial de carácter etnográfico do Concello e tamén da comarca da Mariña enmarcado no Camiño Norte de Santiago”.

“Dende o goberno municipal somos conscientes de que ter unha oferta de ocio potente, non contribúe só a mellorar a calidade de vida dos nosos veciños se non que tamén é un atractivo para impulsar o noso turismo, ao tempo que nos permite conservar e manter en boas condicións o noso patrimonio”, destacou a alcaldesa.

“Este é un proxecto que presentamos por terceira vez á Xunta de Galicia coa finalidade de ter a financiación necesaria para executalo e agora imos facer realidade o traballo froito desa longa xestión, gracias a todos os veciños de Trabada, porque eu mesma, persoalmente, fun a que tramitei e xestionei os 272.000,06 euros da subvención”, matiza.

A alcaldesa reclamou o financiamento inmediatamente ao ser publicada a convocatoria. Como explicou ela mesma “a orde desta convocatoria publicouse no DOG do 4 de maio, o prazo de solicitude abríase o 5 de maio e tramiteina ese meso día ás 00:09 horas”.

Este proxecto, ascende a 285.714,34€, o Concello asume os gastos de redacción do  proxecto e dirección de obra, que ascenden a 13.714,28 euros e a Xunta de Galicia 272.000,06€ que a alcaldesa xestionou e tramitou persoalmente; se ben, foi adxudicado por 241.528,10 euros e a Xunta de Galicia, a diferencia da Deputación Provincial de Lugo, non permite que o Concello poida reinvestir os 30.471,96€ derivados da baixa económica da licitación da obra.

A edificación actual obxecto do presente proxecto componse dun edificio principal, que albergaba a antiga escola unitaria da localidade, e de catro edificios adosados, que foron engadidos posteriormente para cumplir diversas funcións. 

USO CULTURAL. O uso previsto é de carácter cultural. Visitar o centro cultural-etnográfico é unha actividade que convén disfrutar con tempo e sen présas, porque nel pode o visitante reencontrarse co pasado, rememorar o seu modelo de vida e comparar a evolución da nosa sociedade. Faise unha distribución por seccións: etnografía (oficios, vida rural, vivenda), así como historia local, archivo bibliográfico e fotográfico. 

Na sección de etnografía, poderanse ver distintas coleccións de utensilios e apeiros de labranza, como coleccións de carros de madeira e xugos, albardas e apeiros de madeira (arados, mesa para cortar a comida dos animais, grades, rastro), cribador de sementes e fariña, cornos de vaca para afíar, cepillos, garlopa, soplón para encender o lume e esmelgar, silla de muxir, galletas, cestas de trigo…

A pesca tamén era un oficio tradicional e terá unha sección na que se poderán ver cañas de pescar e cestas.

A exposición completarase con numerosos utensilios que se podían atopar en calquera vivenda e que dan boa mostra de como era a vida no rural naquel entón. Así, pódense ver coleccións de leiteiras e caldeiras de cobre, utensilios de cociña de cobre e barro, botixos, desnatadoras, muíños manuais, entre eles, un muín celta, básculas de metal con diferentes medidas de pesas, lámpadas de gas, zocas, mazadoras de ferro, maseira, enfriador-dispensador, serras, palangana de porcelana con soporte de ferro, lavabo de madeira e mármol con palangana e con xarra. 

Tamén hai unha colección de máquinas de coser, sen pé e con pé, coleccións de prendas de vestir e os propios teares nos que se tecían estas prendas, así como unha colección de rodas de carros antiguos.

En canto á historia local, hai tamén unha reproducción da escola dos anos 40. Con escritorios e sillas e cun importante archivo bibliográfico, ademais doutros obxectos como crucifixos, lámparas dos Mestres, esferas. 

O Concello a día de hoxe dispón destas coleccións, que son cedidas polo veciño, José Rocha, polo tanto o que se trata é de habilitar un espacio adecuado donde expoñer estas pezas de importante valor cultural e histórico para que todo o mundo, veciños e visitantes, poidan contemplalas.

Para elo, a rexedora pedíulle, nunha recente visita do Delegado Territorial da Xunta, ao Goberno da Xunta que colabore para levar a cabo a musealización deste inmoble para albergar o centro etnográfico, para finalizar este ambicioso proxecto, toda vez que xa incluiu no Plan Provincial Único da Deputación o proxecto de urbanización do acceso, que se levará a cabo nos vindeiros meses.

Etiquetas