Viveiro recibíu a 32.000 visitantes durante o período estival

No período estival a Oficina de Turismo do Concello de Viveiro recibiu un total de 32.004 visitas, das que 26.543 se corresponden con turismo nacional. Este cifra mostra un claro incremento no número visitantes, considerando que pode deberse ao traballo realizado ao longo dos últimos para promocionar o noso municipio dentro e fóra das nosas fronteiras, destacando a importancia de estar presentes nas feiras de turismo internacionais máis importantes.

En canto ás cifras de turismo nacional, cómpre sinalar que Viveiro recibiu en xuño un total de 1.988 visitantes; en xullo, 10.973; e en agosto, 13.582. En canto ao lugar de procedencia, cabe sinalar que a maior parte deste turistas proceden de Madrid, Galicia, Castela e León, País Vasco e Asturias, por esta orde.

En canto ás cifras de turismo internacional, cómpre sinalar que en xuño Viveiro recibiu un total de 1.040 visitantes; en xullo, 1485; e en agosto, 29364 visitantes. En canto ao lugar de procedencia, cabe sinalar que a maior parte destes turistas proceden de Francia, Reino Unido, Alemania,  Italia e Portugal, por esta orde.

O que máis valoran os turistas que visitan o noso concello son as súas paisaxes, a gastronomía, os monumentos e o medio ambiente. Isto demostra, como vén afirmando o concello, que Viveiro é un destino turístico de calidade, que ofrece ao visitante diversas opcións.

Atendendo ás razóns polas que estes visitantes escolleron Viveiro como destino turístico, cómpre destacar que a gran maioría viñeron ata aquí por amigos e familiares ou por iniciativa propia (é dicir, que escollen esta opción despois valorar outras opcións, sendo coñecedores dos seus recursos e posibilidades). Outros motivos polos que Viveiro foi escollido como destino estival son a información que os propios visitantes atoparon sobre o municipio en internet, por viaxes anteriores, pola a información facilitada noutras oficinas de turismo, pola presenza de información turística de Viveiro en revistas e feiras especializadas e polas reunións con tour operadores nas distintas feiras ás que asistimos.

Segundo a información facilitada polos propios turistas, os sitios máis visitados dentro do noso municipio son o casco histórico, as praias, San Roque, o  Souto da Retorta e o Landro, nesta orde.

Cómpre sinalar, finalmente, que a estancia media destes turistas en Viveiro é duns 6-8 días e que o 36% se aloxaron nun hotel, o 24,5 % nun apartamento turístico e o 6,66 € nunha viveda de aluguer.

Dende o Concello de Viveiro valóranse estes datos moi positivamente e considérase que son o froito do intenso traballo que se vén desenvolvendo dende a Concellaría de Turismo para promocionar o noso municipio dentro e fóra das nosas fronteiras. Considérase, ademais, que é tamén determinante a ampla programación lúdica e cultural que se desenvolve ao longo dos meses de xullo e agosto, que constitúe un recurso máis a ter en conta.

Etiquetas