O centro veterinario pontenovés pide axuda para adoptar cans que están en Trabada

O centro veterinario da Pontenova solicita axuda para a adopción de varios cachorros que están en Trabada e necesitan un fogar.

Afortunadamente, hai escasos días apareceron os donos dun cadelo que aparece perdido pola Pontenova. Era un cruce de mastín moi novo cun colar e obediente.

A principios de agosto, o centro celebrou unha feira da adopción con recollida de alimentos e un mercado solidario para asociación de axuda alimentaria animalista.

Etiquetas