Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Os populares presentarán mocións nos concellos da Mariña para loitar pola viabilidade de Alcoa

Por 5 Setembro, 2019Sin comentarios

O Partido Popular presentará nos 16 concellos da comarca da Mariña mocións para debater nos plenos das corporacións municipais urxindo ao Executivo a aprobar de forma “inmediata” o Estatuto do Consumidor Electrointensivo co obxectivo de garantir a viabilidade de Alcoa en San Cibrao e evitar así que se produzan despedimentos na planta mariñá.

Deste xeito, tal e como xa se adiantou esta mesma semana diante da fábrica, nunha xuntanza na que precisamente participaron representantes das entidades locais, ademais doutros cargos orgánicos e institucionais, os populares mariñáns apostan por traballar de forma conxunta para dar resposta a unha situación que está a xerar incerteza e inseguridade entre os traballadores desta planta que vén de sufrir un importante recorte na súa produción. Neste senso, non entenden “que nacionalistas e socialistas se centren en buscar culpables e non teñan máis altura de miras, decidindo sumarse á fronte liderada polo noso Partido”.

Ao igual que farán os seu compañeiros de formación na Deputación, pedirán que o Goberno fixe unha data para a aprobación deste documento, pois so así “se demostraría que ao PSOE lle preocupa o emprego e a industria”. Con esta afirmación censuran que as forzas de esquerda, “e socios de conveniencia” noutras administracións como a Deputación, “se atrevan a dicir que o PP non fixo nada, cando son coñecedores que no ano 2012 foi o propio Rajoy o que conseguiu avances para as electrointensivas”. Incluso, lembran, o propio exministro de Industria visitou no seu día a fábrica mariñana, e foi un Goberno do PP en Madrid e en Galicia quen a dotou do gasoducto, cun investimento de 65 millóns de euros, o que permitiu á rebaixa do custe enerxético da factoría.

E é que o Executivo de Sánchez non ten escusa, xa que, aínda que está en funcións, podería darlle viabilidade ao estatuto a través dun Real Decreto que ratificaría o Consello de Ministros, opinan.