Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Foz adxudicou por máis de cen mil euros a construcción da nova protectora de animais

Por 6 Setembro, 2019Sin comentarios

O Concello focense avanza na construción das instalacións destinadas á protectora local de animais, unha obra que lle foi adxudicada a Construcións Jesús Naray, de Foz, por 117.000 euros e que está ubicada nas inmediacións do punto limpo, na parroquia de Vilaronte, nunha finca de propiedade municipal. As instalacións contarán con canís e gateiras.

O esforzo dos voluntarios da Protectora de Foz terá por fin unha recompensa. A alcaldía calcula que antes de que finalice o ano as novas instalacións estarán operativas. Era necesario posto que na actualidade a protectora traballaban nun lugar pouco acondicionado preto do peirao, sen espacio e sen as condicións de seguridade e benestar necesarios.

Trátase dun espacio duns 228 metros cadrados e dun terreo con peche.

A Deputación financia a actuación e comprometéuse a aportar 90.200 euros. O Concello aportará 38.000 euros e os terreos, proxectos técnicos e permisos necesarios para a execución da obra.