Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Viveiro convocou o segundo premio de novela Vilar Ponte

Por 6 Setembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Viveiro, coa finalidade de rendirlle homenaxe aos escritores Antón e Ramón Vilar Ponte e apoiar e difundir a lingua galega, convocou o segundo premio de novela Vilar Ponte.

As bases están expostas páxina web do Concello e indican que fai falla que as obras en galego que se presenten sexan inéditas, que poden ter extensión e temática libre. Presentaránse varias copias, sen sinatura, cun título e un lema, para non revelar o nome do autor que só será visible dentro do sobre no que se envíe.

O prazo de recepción de orixinais finalizará o 31 de outubro. As obras presentaránse o enviaránse ao Concello de Viveiro, Praza Maior, sen número, 27850 de Viveiro. Na segunda quincena de novembro, o xurado emitirá a súa resolución.

O primeiro premio consta de 4.000 euros, placa e diploma e un segundo premio de mil euros e vanse entregar nun acto público no Teatro Pastor Díaz. As obras pasarán a formar parte da biblioteca de Viveiro.