Comeza en Burela un curso de redes sociais

A aula dos Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica, Cemit, de Burela, inicia este luns, día 9, de luns a mércores, e de 9 a 10.00 horas un curso para o manexo das redes sociais, facebook e twitter principalmente.

No curso, os participante aprenderán a crear unha conta, a manexar a súa propia rede social, a publicar fotos e compartir publicacións.

Aínda quedan prazas libres e os interesados en asistir poden facelo no mail cemit.burela@xunta.es.

INICIACIÓN A INTERNET. Por outra banda, esta aula Cemit dispón dun curso de iniciación a internet, os xoves, de 17 a 18 horas, nas que os usuarios poden ler o xornal na rede, o parte meteorolóxico, solicitar cita médica, buscar información, consultar o catastro e mesmo aprender a mercar vía online. As prazas son limitadas polo que convén achegarse ou chamar e consultar se hai disponibilidade. A formación é gratuíta.

Etiquetas