A Pontenova anima a inscribirse a varias actividades que comezan este mes

As veciñas e os veciños da Pontenova non terán excusas para non pasar algo de tempo ocupados con actividades como as artesanías manuais, os talleres de memoria e a ximnasia de mantemento.

O Concello pontenovés anima aos seus veciños, como cada ano, a anotarse a estas sesións que serven de terapia, de socialización e lles manteñen en forma durante varios meses.

Moitas das clases xa comezaron en setembro pero aínda poden quedar vacantes polo que convén inscribirse nos propios centros que as imparten, ou ben chamando ao 608 897 418.

O Concello organiza estas actividades para os veciños de parroquias como a propia Pontenova, Liñeiras, Rececende, Xudán, Vilaoudrid e Vilameá.

Etiquetas