Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Concello de Foz mellorará camiños en San Acisclo

Por 9 Setembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Foz mellorará camiños da parroquia de San Acisclo, que visitou o alcalde socialista, Fran Cajoto, quen anunciou que as obras comezarán en breve.

O rexedor municipal focense explicou que: “Desde o Concello de Foz imos iniciar unhas obras de aglomerado na parroquia de San Acisclo. Son 1.310 metros en total de varios camiños: o que sube da estrada da igrexa a Bidueiras (480 metros), o que vai desde a estrada da igrexa a Sobrado (510 metros) e outro tramo no mesmo camiño de Sobrado, de 320 metros. Esta actuación farase grazas ao apoio financeiro de Agader, que depende da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia e aporta case 50.000 euros para poder executar estas obras”.

Fran Cajoto engadiu que “no Concello de Foz queremos sempre apoiar o rural, onde hai moito déficit de arranxo nas infraestruturas e nos distintos viais; e vamos estar traballando para arranxar iso, sempre ao lado dos veciños para mellorar as infraestruturas”.

O alcalde de Foz tamén comentou que estas obras “comezarán en poucos días, xa fixemos o replanteo das mesmas e en breve empezará a limpeza das cunetas e bermas para acto seguido facer o aglomerado en quente, co cal aseguramos un firme cómodo e seguro para a circulación de todos”.