O novo polígono do Valadouro e as vivendas da cooperativa figuran entre os retos da alcaldía

Crear un novo polígono industrial e ver que se fan realidade as vivendas cooperativas para fixar poboación son dous dos obxectivos primordiais para o goberno socialista do Valadouro.

A Xunta asegurou que o Concello decidiu “modificar unilateralmente o emprazamento do futuro parque empresarial” reservado pola Administración autonómica no plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia, do ano 2014, “para situalo noutro espazo diferente“.

O Goberno galego precisa que existe “unha incoherencia entre a modificación urbanística pretendida polo goberno local e a que figuraba no plan da Xunta”. Esta última trátase dunha parcela de 118.375 metros cadrados xunto á estrada LU-162, próxima ao cemiterio.

A Xunta aclara que a situación “é corrixible” e sinala que o executivo valadourense “ten dúas opcións” para atender as demandas de solo empresarial do municipio, “ou ben realizar unha modificación urbanística que coincida co emprazamento inicial, ou ben solicitar un cambio deste plan autonómico“.

O alcalde, Edmundo Maseda, sinala que a actual ubicación elixida “é de sentido común, a mellor e máis barata”. Na parcela próxima ao cemiterio “había que reforzar a liña de electricidade cun gasto de 1,5 millóns de euros. No campo de fútbol hai tres liñas de media tensión. Cun transformador de 50.000 euros podemos dar luz suficiente á área industrial”, salienta.

O rexedor engade que a parcela prevista incialmente “é en pendente, o que suporía que algunhas naves tiveran que realizar muros de contención”, e remarca que a proposta actualmente “conta con saneamento e os servizos garantidos”.

Asemade, os terreos están practicamente mercado a falla da escritura dalgunhas parcelas máis pequenas. O proxecto, segundo asegura o alcalde, está avanzado e o obxectivo é que sexa municipal, aínda que elo obrigue a desenvolvelo en varias fases.

Sobre as viviendas cuxa construción impulsa o Concello mediante o sistema do cooperativismo contan en principio con 53 veciños interesados e formando parte dela. Para o alcalde, contar con casas e pisos no municipio evitaría que a vecindade tivera que marchar vivir a outros concellos da contorna.

Etiquetas