Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Piden á Deputación que intermedie ante ao Estado para tomar medidas contra o impacto dos xabarís

Por 9 Setembro, 2019Sin comentarios

O Grupo Provincial do PP instará á Deputación a que o Goberno central deseñe unha estratexia conxunta entre administracións para frear o impacto do xabaril na provincia. Será a través da moción que os populares levarán ao Pleno deste mes, co fin de que se acade unha solución que palíe os importantes danos que está a causar a proliferación destes animais tanto en cultivos como en materia de seguridade viaria e cidadá.

A excesiva poboación de xabaril nos últimos anos medrou dun xeito exponencial en Galicia, e tamén na provincia de Lugo, ata acadar uns números con difícil comparación, e supuxo importantes danos nas explotacións. Uns danos que se ben fai unha década podían ser asumibles porque eran case testemuñais, hoxe en día, nun marco de marxes económicos moi axustados para as granxas, convertéronse nunha lacra que lastra de xeito moi importante os ingresos de gandeiros e agricultores.

Malia que os gandeiros e agrícolas son os danos máis coñecidos, a casuística producida por estes animais artéllase nas seguintes liñas: accidentes de tráfico, danos en terreos agrarios, inseguridade por ataque a persoas e outros animais domésticos e risco de transmisión de enfermidades ao gando das explotacións. 

A provincia de Lugo, e incluso a propia cidade, non son alleas á proliferación desta especie, ata o punto de que chegaron a facer continuas incursións na zona periurbana lucense. Tal é así que, malia que reducir as consecuencias destas aparicións é unha competencia municipal, a Xunta de Galicia, a través da consellería de Medio Ambiente, e facéndose eco da demanda cidadá, xa tomou medidas ao respecto, reducindo así as manifestacións no contorno de Lugo e con elo o risco que supoñía a presenza destes animais para viandantes e vehículos, así como as perdas económicas a produtores e gandeiros.

Con todo, para afrontar esta realidade, dende o Partido Popular considérase prioritaria a adopción de medidas prioritarias transversais a todo o país e coordinadas polos ministerios de Agricultura e Transición ecolóxica, coa colaboración directa de todas as comunidades autónomas.