Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A biblioteca de Burela organiza un obradoiro de cartón para os nenos

Por 10 Setembro, 2019Sin comentarios

A Biblioteca Pública Municipal de Burela , organiza un obradoiro de cartón dirixido a nenos e nenas de anos anos en adiante.

Para anotarse ,será necesario, pasar  pola biblioteca dende o luns 9 ata o venres 20 de setembro, en horario de 9 a 13 e de 17 a 20 horas. 

A actividade terá lugar na Casa da Cultura,  o sábado 28 de setembro, ás 11:30 horas.

Pódense construír personaxes, escenografías, obxetos e calquera outra cousa que dea o maxín a partir do cartón. Só se precisa dun marcador, tesouras, cinta de papel e unhas pequenas instruccións para darlle corpo as ideas.

Este Obradoiro forma parte do Programa de Ler conta moito, para a dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Dirección Xeral de Politicas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo , a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos Concellos.