Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

As xogadoras laranxas, que gañaron a Supercopa, veñen dunha pretempada de victorias

Por 10 Setembro, 2019Sin comentarios

As Guerreiras, que acaban de gañar a Supercopa estatal, brilaron esta pretempada, por exemplo no segundo amigable, ao proclamarse campioas do Memorial José Huerta-Pablo Cortina de Villaviciosa, en Asturias, impoñéndose no que foi o segundo compromiso da etapa previa á Liga, por 0-5 ante ás anfitrioas, Rodiles FSF.

Peque volveu abrira entón o luminoso para as laranxas, con 0-1 ao descanso. Completaron o triunfo Jenny Lores, Jenny e o doblete de Cilene. O Bilbo CFS, que caera ante as mariñás 10-1, levouse o
encontro ante Rodiles, 4-1.

O conxunto laranxa gozou dun clínic matinal coa base da entidade asturiana.

Polo  Pescados Rubén Burela FS xogaran Ana Romero, Dany, Cris, Jenny, Jenny Lores o cinco inicial e tamén Peque, Lara Balseiro, Luci, Jane, Cilene, Ale de Paz e Jozi.

As laranxas estrearan o Memorial cun contundente 10-1 sobre o Bilbo FS, recén ascendido a Primeira RFEF. As burelesa encaminaron á perfección, como sinalou o equipo técnico, o encontro en Asturias abrindo a brecha de 6-0 no descanso e con diversidade goleadora, ampliando ata o 10 con Peque, Cris y Jenny, ademáis de Luci, por partida dobre, e Jane, con hattrick. O Bilbo conseguira inaugurar o marcador a 45 segundos da bocina final. Bea Mateos finalmente non puido entrar na convocatoria da segunda
cita de pretempada, por molestias nun xeonllo.

O Memorial José Huerta-Pablo Cortina de Villaviciosa contou coa
participación de Bilbo CFS, do Rodiles FSF e o Pescados Rubén Burela FS.