Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Centos de nenos participaron na primeira mini BTT de Cervo

Por 10 Setembro, 2019Sin comentarios

A Federación Galega de Ciclismo organizou a primeira carreira mini BTT A Medela MTB C, disputada en Cervo o domingo 8, cuxos resultados quedaron do seguinte xeito. En alevín A, inscribíronse 16 rapaces, que se clasificaron. En primeiro lugar quedou Pablo Gonzaga, do Corbelo, seguido de Néstor Frías do Avanza AD e de Raúl Puelles, do equipo Caimanes Betanzos. O cuarto posto recaeu en Telmo del Río, co Sonense, o quinto en Xián Pesqueira, co Farto e o sexto foi Sergio Docampo, do Avanza.

A sétima praza foi para Jairo Míguez co Triatlón Arteixo, a oitava para Adrián Mosquera co Caimanes Betanzos, a novena para Hugo Fernández, co Esmelle, a décima para Nicolás Rioz, do Montaña Trives, a undécima para Brais Vázquez, co Cambre, a décimo segunda praza recaeu en Mario Bouza, do Esmelle, a décimo terceira en Jorge Doural, do Independente, a décimo cuarta obtívoa Diego Iglesias, do Cidade Lugo-Esturión Galicia, a décimo quinta recaeu en  Tiago Baloira, co Montaña de Trives e a última foi para Pablo José Botana co equipo 7 Voltas. 

Na categoría Alevín B houbo 17 inscritos e 15 clasificados. O gañador foi Samuel Gascón, co Bicipaixón. Segundo quedou Xián Alvariño, co Ponteareas e terceiro, Miguel Prol, co Corbelo.

Por orde, os seguintes foron Samuel Castiello, Diego Tuimil, Diego Rodríguez, Roberto Casal, Brais Cortegoso, Alejandro Basalo, Hugo Rodríguez, José Luis Maseda do Viveiro, Héctor Gómez, Abraham Díaz do Komando Xoviéitico, Adrián Peláez, Jaime Dos Santos, Jesús Guisande e Gabriel Díaz.

En alevín feminino, houbo dez inscritas e nove clasificadas. As tres primeiras foron Lorena Patiño, do equipo Farto CC, despois Tania Capa, do mesmo equipo e Iris Fernández, do Maceda CC.

En benxamín, houbo 26 inscritos e 24 clasificados, dos cales quedaron en primeira posición Nico Villar, do Bicipaixón, Pablo Esperón, do Farto, en segunda e en terceiro posto Aleix Posada, do Ponteareas.

En benxamín feminino, onde houbo catro clasificadas, Aldara Gaciño, do Sonense, gañou, seguida de Iria Iglesias, do Cidade de Lugo-Esturión e de Henar Blanco, do Independente, ademais de Iria Ruíz, do Betanzos.

En infantil, onde houbo 17 clasificados, os tres primeiros postos recaeron en André Martínez, do Avanza, en Víctor Lozano, do Farto e Nicolás López, do Betanzos. 

En infantil feminino, con oito clasificadas, as tres primeiras posicións foron para María Filgueiras, do Caimanes Betanzos, Uxía Soto, do Avanza e Lara Fuentes, do Caimanes Betanzos.

En principante A, con 16 inscritos, o primeiro posto foi para Lucas Lozano, do Farto. En principiantes B, con 21 inscritos, o gañador foi Guillermo García, do Avanza. En principiantes feminino, con cinco clasificadas, gañou Nerea Soto, do Avanza.

En promesa A, con nove clasificados, venceu Daniel Barcia, do Coruxo, en promesa B con 15 clasificados, gañou David Capa, do Farto e en promesa feminino, con 12 clasificadas, a vencedora foi Leire Mariño, do Ponteareas.