Skip to main content
AMARIÑAXA

Volta ao cole: Falemos do calzado infantil

Por 10 Setembro, 2019Sin comentarios

Por Yaiza Puente

Libros, material escolar, mochila, roupa… e o calzado? Coa volta ao colexio tamén temos que pensar en qué tipo de calzado van levar todos os días os nosos fillos.
Os pés dos nenos non son pés de adulto en miniatura. Son estruturas en continua evolución que requiren coidados específicos para medrar sanos . Por iso, debemos ter en conta que o calzado, en función da idade, debe presentar unha serie de características especiais:

Entre 0 e 9 meses.
Ata os 9 meses non é preciso o uso de calzado. Só necesitamos que os pés se protexan do frío, humidade, golpes, etc. É suficiente o uso de patucos de algodón ou lá.
No caso de usar calzado, sempre debería ter a sola plana, dun material moi flexible como a pel, o ante, a tela… con agarre de cordóns ou velcro. É imprescindible que o interior do calzado non teña costuras e o seu acabado sexa dun material moi suave e flexible.

Entre os 9 e 15 meses
Comeza a etapa do neno preandante. O gateo é unha fase moi importante no desenvolvemento do neno. Debemos deixar que experimente a fase de gateo descalzo, como mínimo pola casa. A función do calzado nesta etapa, ao igual que na anterior, sigue sendo a de protección. Nos seus primeros pasos o calzado debe ter unha sola flexible, con suxeición de cordón ou velcro e coa punteira redondeada, que non comprima as dedas.

Entre os 15 meses e os 3 anos
Aos 16 meses o 90% dos nenos alcanzan a marcha libre. O neno comenza a dar os seus primeiros pasos, que a miúdo son irregulares e cun marcado desequilibrio.
Nesta etapa o pé medra aproximadamente media talla cada dous meses, por iso é importante deixar libre 1 cm dende a punteira do zapato ata a deda máis longa do neno. Ademais debe ter a punteira redondeada e reforzada cun material lixeiramente ríxido para a protección das dedas. Aconséllase sempre un zapato abotinado coa lingüeta dun material suave. A sola debe ser plana con dibuxo para conseguir un maior agarre. En caso de levar tacón nunca debe superar os 3-5 mm.

Entre os 4 e 7 anos
Prodúcese a maduración da marcha bípeda. Nesta fase o calzado debe contar cunha folgura maior (entre 10 e 15 mm). O material exterior debe ser flexible, transpirable e protexer do frío. Aconséllase calzado abotinado con abroche alto. É interesante que sexa de cordóns para favorecer que o neno aprenda a atalos. Ao mesmo tempo estamos conseguiendo una maior suxeición e estabilidade do pé. A sola debe ser flexible e cun grosor continuo de entre 5-10 mm dun material que non sexa demasiado duro e que dea certas propiedades de amortiguación, como por exemplo de poliuretano ou de goma. É imprescindible que o calzado nesta etapa conte cun contraforte ríxido. É dicir, que a zona traseira do calzado onde se asenta o talón sexa consistente, que ao facer forza coas nosas mans non se deprima.

Entre os 7 e os 14 anos
Nesta etapa prodúcese un marcado aumento da actividade física. Podemos falar xa dunha adquisición da marcha adulta. En termos xerais débese usar un calzado cun contraforte lixeiramente ríxido, sola flexible e suxeición tipo velcro ou cordóns. Entre os 7 e os 10 anos a altura do tacón non debe sobrepasar os 10 mm. A partir dos 10 anos, non debe sobrepasar os 15-20 mm. A sola debe proporcionarnos unha tracción moderada, evitando as solas moi lisas e esvaradizas (coiro) así como aquelas cun debuxo moi marcado (como algunhas solas de calzado de montaña fabricadas en caucho).
En función das actividades extraescolares ou o deporte que practiquen debemos adaptar as características do calzado.
En definitiva, o calzado é un elemento de vital importancia na saúde de nosos pequenos e debemos prestar atención aos consellos expostos para tratar de evitar que na idade adulta se desenvolvan problemas na forma de pisar.
Recoméndase realizar a primeira revisión podolóxica aos 4 años, xa que debemos lembrar que durante a idade infantil pódense correxir a maior parte dos problemas de pisada.
Realizar un correcto estudo biomecánico permite detectar e abordar de forma precoz posibles alteracións na marcha.