Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Burela presenta o novo curso da escola de música

Por 11 Setembro, 2019Sin comentarios

Mañá, xoves, terá lugar a presentación do novo curso da Escola Municipal de Música de Burela.

Dende a Escola Municipal de Música de Burela comunícase aos interesados que mañá, xoves, ás 20.30 horas terá lugar a presentación do novo curso escolar 2019-2020. Será na antiga biblioteca situada á carón da Estación de Autobuses.

A dirección do centro lembra que “continúa aberto o prazo de matrícula ata o venres, 13 de setembro. Lembramos que para formalizar a inscrición deberán acudir, en horario  de 10.00 á 14.00 hora á sede da Escola, sita na rúa do Cancelo na Casa da Xuventude, onde se lle facilitará a documentación necesaria”.