Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Dezaoito touroperadores rusos coñeceron o Souto da Retorta de Viveiro

Por 11 Setembro, 2019Sin comentarios

Un grupo formado por 18 touroperadores e axencias de viaxe rusos visitaron o pasado luns, 9 de setembro, o Souto da Retorta, co fin de coñecer un dos espazos naturais máis importantes de Viveiro.

Este grupo está a realizar unha viaxe por distintos puntos de Galicia co fin de coñecer e valorar posibles destinos turísticos e a súa visita ao concello foi posible grazas ás xestións da concelleira de Turismo.

Á súa chegada foron recibidos por un grupo de gaitas e durante o seu paseo polo Souto da Retorta estiveron acompañados pola concelleira de Turismo, Marisol Rey Yáñez, e polo primeiro tenente de alcalde, Jesús Fernández Fernández. Ademais, realizaron unha visita ao casco antigo de Viveiro e pernoctaron no concello antes de continuar a súa viaxe por Galicia.

Este tipo de accións son fundamentais para potenciar Viveiro fóra das fronteiras locais, é un dos obxectivos no que se está a traballar intensamente e que, sen lugar a dúbidas, está a dar, segundo a alcaldesa, os seus froitos, tal e como pode constar co incremento de visitantes rexistrados durante o periodo estival.