Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Insisten en pedirlle ao Goberno do Estado unha resposta sobre Alcoa e sobre a transferencia de fondos ás autonomías

Por 11 Setembro, 2019Sin comentarios

Os parlamentarios populares Jaime De Olano e Joaquín García Díez, deputados por Lugo, preguntáronlle ao Goberno cando ten previsto aprobar o Estatuto da industria electrointensiva que prometeran hai máis de seis meses.

Ante a crise situación que atravesa Alcoa, Jaime de Olano deu a coñecer as dúas preguntas que formularán no Congreso para coñecer as previsións do Executivo respecto da ampliación de 90 a 200 millóns as compensacións polos custos indirectos de C02 á industria electrointensiva, tal e como prometeu e da aprobación do estatuto que tamén prometeu o equipo de Sánchez hai máis de seis meses. 

A este respecto, o senador popular José Manuel Barreiro anunciou que a interpelación prevista no Senado sobre a situación da multinacional non se poderá levar a cabo porque a ministra declinou asistir. Con todo, non desisten e seguirán esixindo responsabilidades ao Goberno cunha moción no Pleno.

Os alcaldes e voceiros do PP na provincia e na Deputación tamén se suman ao ‘motín’ da Comunidade Autónoma contra o Executivo de Pedro Sánchez por reterlles importantes ingresos en entregas a contas pendentes de repartir. Ao igual que as entregas a conta das Comunidades Autónomas, o departamento estatal actualiza nos Orzamentos os ingresos a repartir aos municipios pola súa participación en tributos como o IVE ou o IRPF. Como se prorrogan as contas, tamén o fan estes ingresos; o que deixa ás arcas municipais sen a alza prevista da recadación.

Os deputados na Cámara Alta e no Senado interpelarán ao Goberno para que este aclare as razóns polas que non se procedeu aínda a transferir á entidades locais e ás Deputacións os recursos adebedados, así como en que forma van a cubrir este esforzo orzamentario e cuantifiquen os importes adebedados.

Se a actualización das entregas a conta non se soluciona este ano, tanto as Comunidades, que teñen máis de 4.700 millóns de euros pendentes en entregas a conta e liquidación-, como a entidade locais –mil millóns en total-, non disporían desta cantidade ata 2021 polo menmos, pois a liquidación realízase, segundo explicou Olano, a dous anos vista.