Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Mondoñedo estará presente nas xornadas de bioconstrución de Monforte

Por 11 Setembro, 2019Sin comentarios

Son xa os últimos días para inscribirse nas VI Xornadas de Bioconstrución: Arquitectura Vernácula e os seus oficios, que organiza a Asociación Galega para a Bioconstrución en colaboración coa Deputación de Lugo. Este evento totalmente de balde terá lugar os vindeiros días 13, 14 e 15 de setembro no Pazo de Tor de Monforte de Lemos. Marta Candocia, da oficina de rehabilitación de Mondoñedo, que participou no recente curso sobre cor e pintura que se impartiu na cidade mindonisense, como se ve na imaxe, será unha das ponentes.

O prazo de inscrición continúa aberto ata este e as persoas interesadas en participar poderán formalizar a súa solicitude no seguinte en www.espigabioconstrucion.org/actividades/

Esta é a sexta edición deste evento que busca divulgar sobre o uso de materiais e técnicas con criterios de bioconstrución; informar sobre as calidades destes materiais e formar a técnicos, aplicadores, profesionais e expertos nas diferentes técnicas construtivas axeitadas a estes criterios. Nesta ocasión, as xornadas xirarán entorno á arquitectura vernácula e aos seus oficios, nas que primarán cuestións relacionadas coa arquitectura do lugar a nivel topográfico, climático e cultural, entre outras, co fin de revalorizar as edificacións populares. 

O programa do último día, o do domingo, 15 de setembro,comezará cunha charla sobre patrimonio, que ofrecerá Marta Candocia, da Oficina De Rehabilitación de Mondoñedo. Logo, exporán proxectos de rehabilitación con técnicas de bioconstrución os expertos Xulio Fernández, Miguel Serrano, Pablo Reboredo e Paul Van Der Mel e haberá mesa redonda e un xantar.