O Vicedo avanza na posta en servizo do centro de día

Un dos principais reto do Concello do Vicedo é o da posta en servizo dun centro de día para maiores, con atención diurna, e con capacidade para atender a 22 usuarios. Ao proxecto, a entidade municipal destinou 400.000 euros e xa está tan avanzado que agora só hai que saber como se vai xestionar. A intención do alcalde é a de poder abrilo en novembro.

O Concello non tiña orzamento suficiente como para poder construílo e atendelo, polo que requeríu o compromiso doutras administracións. Houbo un convenio coa Deputación de Lugo cando o goberno provincial o asumira a popular Elena Candia.

Nestes momentos se está estudando a viabilidade do centro de día e o rexedor engade que tería que xestionalo unha empresa privada.

AXUDA NO FOGAR. O Vicedo conta con 14 mulleres traballando no servizo de axuda a domicilio, no departamento de servizos sociais e con outros tantos dunha empresa privada que cubre os festivos e as baixas do outro persoal.

Respecto do número de usuarios, son un total de 50 se se teñen en conta os 28 de dependencia e os 22 do denominado Servizo de Axuda no Fogar ou SAF. Tamén hai unhas catro ou cinco persoas en lista de agarda.

Etiquetas