Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Os centros educativos comezan o curso con reformas e medidas de eficiencia enerxética

Por 11 Setembro, 2019Sin comentarios

A Xunta destinou 6.781.221,68 de euros a sete grandes obras de reforma de centros educativos na provincia de Lugo, boa parte delas na Mariña. En xeral, o total das actuacións máis senlleiras chegou aos 11.002.984,542 euros, sen ben o total na provincia de Lugo acadou os 12.381.653,752 de euros.

De feito, algúns pais de Cervo e de Foz, por exemplo, negáronse a levar aos cativos a clase habendo obras e están agardando unha solución por parte da Consellería.

Polo que atinxe á rehabilitación enerxética, as grandes obras e obras novas, destaca a realizada en Burela no CEIP Virxe do Carme por 860.297,90 euros e que estaría rematada en breve.

Fíxose a rehabilitación integral do CEIP de Cervo con 943.380,87 euros que esté en execución, co interior listo para o inicio clases.

O CEIP de Foz número 1 tamén se rehabilita por 815.989,38. Mellorouse a instalación da calefacción con 11.118,69 euros.

O CEIP Vista Alegre de Burela, ademais da reforma integral, ampliouse e mellorouse con 10.569,35 euros e a obra aínda está en fase de execución. Está previsto ampliar a biblioteca con 20.000,00 euros de xeito que estea lista no último trimestre. Neste centro tamén se amplía o comedor e o salón de actos por 21.500,00 euros.

O IES Monte Castelo de Burela foi obxecto de melloras en canto á instalación de calefacción por un importe de 23.383,13 e tamén se mellorou a accesibilidade con 26.054,57 euros.

En Foz, o CEIP O Cantel foi obxecto da reparación dos canalóns por 9.571,10 euros e o IES de Foz viu como se lle reparaba o peche por 10.000,00 de xeito que estea listo no último trimestre.

En Lourenzá, o CEIP Juan Rey verá mellorada a instalación de calefacción por 48.500,00 euros.

En Mondoñedo, o CEIP Álvaro Cunqueiro Mora terá reparados os aseos grazas a unha inversión de 31.294,54 euros e acondicionarán tamén a entrada con 20.500 euros. Na mesma cidade, o IES San Rosendo experimentou melloras de carpintería (A Granxa), por 18.165,39 euros que continúan.

Na Pontenova, o CEIP experimentará varias reformas de 30.476,27 euros, en fase de execución e o CEIP Riotorto ten xa rematadas obras de carpintería por 28.919,00 euros e para o último trimestre, repararanse as portas de acceso con 15.000,00 euros. 

No Valadouro, O CEIP Santa María experimenta melloras na instalación de fontanería por 14.520,00 euros.

No Vicedo, o CEIP ten novo pavimento nas aulas de Infantil que custou 5.996,76 euros e en Viveiro, o CEIP Luís Tobío presenta aseos renovados no primeiro andar, obra que supuxo uns 18.873,99 euros. No CEIP de Celeiro están cambiando as portas do primeiro andar, por 13.794,00 euros e no IES María Sarmiento mellorouse a instalación eléctrica por 5.245,35 euros.

Tamén na cidade do Landro, o EEI San Roque experimentou varias reformas de 3.493,04 euros, así como o IES Vilar Ponte onde mudaron as fiestras con 19.831,90 e o IES María Sarmiento cambiará a caldeira con 6.000,00 euros. 

En Xove, o CEIP Pedro Caselles Rollán conta con nova cuberta para o patio exterior por 14.907,20 euros e pecharán o patio con 6.000,00 de cara ao último trimestre.