O BNG de Viveiro xúntase o venres cos veciños de Celeiro

Nunha campaña de contactos veciñais, a portavoz do BNG de Viveiro, Miriam Bermúdez, comezará a visitas as parroquias para coñecer as demandas da vecindade e faráo comezando este venres, día 13, por Celeiro. Será ás 19 horas na Casa do Forno.

Co lema Cóntallo Ti!, o Bloque visitará todas as parroquias do concello para escoitar e recoller demandas e propostas, así como aclarar as inquedanzas que as veciñas e veciños queiran trasladarlle á concelleira nacionalista.

Ela tamén dará conta das propostas e iniciativas levadas polo BNG aos plenos así como os asuntos tratados e aprobados no mesmo.

Etiquetas