Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Ribadeo agradece que a Xunta limpara o Camiño do Mar por onde discurrirá este sábado a media maratón das Catedrais

Por 13 Setembro, 2019Sin comentarios

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz Freije, agradece os traballos de limpeza realizados pola Xunta no Camiño do Mar estas últimas xornadas. O edil ribadense lembra que son competencia da administración autonómica e subliña que chegan uns días antes do seu paso por alí da Media Maratón das Catedrais, que se celebra mañá. Jorge Díaz asegura que todos os anos o Concello lle ten que enviar varios requirimentos á Xunta para que proceda a limpar esa senda. 

O edil nacionalista declarou: “parécenos ben que, por fin, fagan a actuación da limpeza da senda da costa do Camiño Natural do Mar, tan marabilloso que temos aquí, por parte da Xunta, despois de requirirllo 3 ou 4 veces durante este ano”.

Díaz Freije lembrou que “este tipo de actuacións son competencia da Xunta de Galicia debido ao convenio que ten co Ministerio de Medio Ambiente. E é reiterada xa a nosa solicitude para que se manteña este camiño o máis decente posible durante todo ano, pero a nosa sorpresa é que na véspera da media maratón das Catedrais, pola que van pasar por alí 800 persoas, a día de hoxe están rematando os traballos. E non é só iso pois nós tivemos que ir coa nosa xente tamén para acabar de adecentalo”.

O concelleiro de Medio Ambiente insistiu en “agradecer que o fagan, que nos parece moi ben, pero esta é unha situación que se ven dando durante os últimos anos, desde logo desde que un son concelleiro sempre hai que andar requirindo este tipo de actuacións tres ou catro veces durante todo o ano para que isto se acabe facendo”.

E engadiu: “entón cando nos critican a nós por calquera situación que se dá que vexan que tamén eles teñen cousas que mellorar e que facer”.