Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

A Xunta defende o esforzo inversor realizado nos centros de ensino e afirma que as obras non afectan á seguridade dos cativos

Por 15 Setembro, 2019Sin comentarios

Os populares da Mariña piden á oposición que “non trate de desvirtuar o maior investimento dirixido á rehabilitación de colexios en A Mariña realizado por un Goberno nas últimas décadas” e lamentan que “o BNG intente manipular as protestas e esaxerar a situación xerando confusión ás familias. A realidade é que a Xunta inviste recursos nestas melloras porque é a primeira interesada en que os centros educativos ganen en calidade, comodidade e confort”, engaden.

Dende o PP da comarca mariñá salientan que “a gran envergadura das obras feitas nos últimos meses nos centros escolares da comarca” polo que “é perfectamente lóxico que algunhas requiran máis tempo. É certo que as obras supoñen molestias, pero en cuestión de días estarán finalizadas todas as remodelacións que suporán un gran salto de calidade e confort nas instalacións destes centros que redundarán no beneficio da comunidade educativa”. É que subliñan “o curso rematou cunhas aulas en peores condicións, iniciouse coas melloras e en pouco tempo disporase de instalacións novas”. 

Os populares lembran, a este respecto, que “todas as obras se realizan en horario non lectivo e baixo un plan de seguridade asociado”. Polo tanto, fan un chamamento á tranquilidade porque “tanto as propias empresas construtoras como os equipos directivos dos centros e a unidade técnica da Xunta están vixiantes e supervisan que as instalacións sexan seguras e que as zonas nas que se desenvolve a actividade escolar estean operativas con todas as garantías”.