Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Quedan poucos días para inscribirse no encontro de palilleiras de Xove

Por 15 Setembro, 2019Sin comentarios

A concellaría de servizos sociais e xuventude do Concello de Xove, que dirixe Ana Abad, lembra que o sábado 5 de outubro terá lugar no municipio o X Encontro de Palilleiras, no que adoitan xuntar a máis de 400 persoas.

Co ánimo de que este encontro sexa unha demostración do encaixe de bolillos, invitamos a todas as asociacións de palilleiras e vendedores artesanais a que nos acompañen ese día, sinala a concelleira.

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 20 de setembro e pódese facer a reserva a través das solicitudes que se atopan na  páxina web do Concello de Xove, www.xove.es, e envialas por correo electrónico a encontropalilleiras@xove.es.