Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Burela mantén aberta a inscrición para as clases de baile de salón que comezan o día 17

Por 16 Setembro, 2019Sin comentarios

A Concellería de Servizos Sociais organiza unha nova edición do curso de Bailes de Salón. O prazo de inscrición abríuse o venres, 13 de setembro.

As persoas interesadas poden anotarse na Casa do Concello de xeito presencial.

A actividade dará comezo o 17 de setembro e rematará o 17 de decembro de 2019. Desenvolverase os martes en tres quendas, con horarios de 18.45 a 20.00, de 20.00 a 21.15 e de 21.15 a 22.30 horas.

Os interesados en participar nestas clases de baile de salón poden obter máis información chamando ao número de teléfono 982 580 609.