Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Levan ante ao xulgado de Mondoñedo ao suposto autor de causar 2.500 euros nun camión en Abadín

Por 16 Setembro, 2019Sin comentarios

A Garda Civil imputa en calidade de investigado a un veciño de Abadín, de 34 anos, como suposto autor dun delicto de danos nun vehículo pesado. O investigado foi posto á disposición do xulgado número 1 de Mondoñedo. 

Os feitos, segundo afirman os investigadores, tiveron lugar no termo municipal de Abadín cando o presunto autor pinchou sete rodas dun camión. Os perxudicados valoraron os danos en 2.500 euros.