BNG e PSOE valadourenses negocian co obxectivo de reeditar un goberno semellante ao anterior

O grupo municipal nacionalista do Valadouro, representado polos edís Eduardo Chao González e Eliseo Teijeiro Orol, confirmaron que o luns 16 iniciáronse as negociacións entre a súa formación e a do PSOE do Valadouro.

O obxectivo é reeditar un goberno de progreso semellante ao do mandato anterior.

A petición do grupo encabezado polo alcalde Edmundo Maseda, os nacionalistas aceptaron participar nas negociacións que deron comezo este pasado luns 16 de setembro.

Desde o BNG local salientan que acudiron a este encontro coa mellor intención e coa vontade de constituír un goberno progresista que continúe o labor comezado no período 2015-2019, anos en que o municipio experimentou un considerable avance en determinados ámbitos.

Con espíritu positivo, os dous concelleiros nacionalistas propuxeron empezar desde cero a presente negociación, pois consideran que é o mellor xeito de iniciar o proceso que saque O Valadouro da prexuducial situación actual.

Etiquetas