Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Cervo festexará á Virxe das Dores na fin de semana

Por 17 Setembro, 2019Sin comentarios

A parroquia de Cervo celebrará a Festa na Honra da Virxe das Dolores a vindeira fin de semana.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e os membros da A.C. Virxe das Dolores, Juan José Pardo e Federico Lage, presentaron o evento.

A cita comezará o sábado 21 coa preparación da alfombra floral ás 12:00 horas. A esa mesma hora, dará comezo a VI  Festa Popular dos Callos, amenizada por DJ FDB.

Ás 22:00 horas comezará a Gran Verbena a cargo da orquestra Ritmo Noche seguida de Mayel Trío.

Xa o domingo 22 haberá misa solemne ás 13:00 horas cantada polo Coro Parroquial e a continuación terá lugar o pasarrúas e a procesión acompañada da banda TAU de Viveiro. 

Ás 14:00 horas comezará a sesión vermú prolongada co Grupo Puzzle.

A Festa está organizada pola A.C. Virxe das Dolores coa colaboración do Concello de Cervo, que convida a toda a veciñanza e visitantes, a que gocen destas dúas xornadas festivas na parroquia de Cervo.