O Vicedo expón ata o día 30 as fotos do concurso turístico

Ata o día 30 de setembro, na Sala de Exposicións da Casa da Cultura do Vicedo, estará dispoñible a exposición das fotografías participantes no II Concurso de fotografía Turismo O Vicedo.
Son máis de 40 fotografías, correspondentes a 17 autores diferentes, tanto de Galicia como doutras comunidades.
O gañador do concurso foi Paco López López, de Viveiro, coa fotografía titulada Coleccionando momentos.
O segundo premio acadóuno Belén Martínez Rodríguez, de Ponferrada, coa fotografía El viejo puente.

Etiquetas