Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Viveiro curtará o tráfico no Camiño Vello por obras que comezan o mércores

Por 17 Setembro, 2019Sin comentarios

Con motivo da execución das obras de reposición, saneamento e mellora de servizos no Camiño Vello de Viveiro, que comezarán o mércores 18 de setembro, produciranse cortes de tráfico, que non afectarán aos titulares de prazas de garaxe situadas na rúa referida, aos que se lles permitirá o acceso.

O cortes de tráfico realizaranse de modo progresivo, coa correspondente sinalización, segundo vaia avanzando a obra ao longo da súa execución.

Dende o Concello de Viveiro pídense desculpas polas molestias que se poidan ocasionar, entendendo que se trata dunha mellora sustancial da zona, indicando que a Policía Local estará a disposición dos afectados informando de calquera cuestión relacionada co corte de tráfico referido.