Xove ten aberto ata fin de mes o prazo para inscribirse na escola de música

Ata o luns 30 de setembro vai estar aberta nas oficinas do Concello de Xove a preinscrición para o Curso 2019-2020 na Escola Municipal de Música. Tódolos alumnos/as que queiran preinscribirse deberán pasar polo Rexistro Municipal en horario normal de oficinas a formalizar a súa preinscrición.

Para realizar a mesma, hai que rexistrar unha ficha (con tódolos datos cubertos) no Rexistro Municipal do Concello; esta ficha pódese obter no mesmo rexistro. 

O día 1 de outubro fárase público no tablón de anuncios do Concello o listado de novos admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2019/20. 

Unha vez que o alumno/a sexa admitido, para a formalizar a súa matrícula deberá entregar no Rexistro Municipal ou a través do email carolina@xove.es  o DNI do alumno/a e da persoa que realice a inscrición e o comprobante de ter feito a transferencia bancaria de 50 euros en concepto de matrícula por alumno e curso completo ata o 11 de outubro de 2019. De non ser así, considerarase desestimada a matrícula por parte do alumno/a. A formalización da matrícula por parte dos admitidos/as será requisito imprescindible para poder asistir ás clases.

Recordar que esta preinscrición é para novos alumnos. Os alumnos que desenvolveron a súa actividade na Escola durante o Curso 2018/2019 xa tiveron a posibilidade de matricularse durante o  pasado mes de xuño.

Etiquetas