A Pontenova organiza un open de pádel

A Pontenova convida a participar do segundo Open de Pádel As Minas que terá lugar entre os días 25 e 29 de setembro, nas pistas ubicadas no complexo deportivo municipal do Boulloso.

Haberá servizo de bar e o sábado 28 a partires das 20.30 horas serviráse churrascada gratuíta para todos os participantes.

A competición divídese nas categorías primeira feminina con cascada a segunda e en primeira masculina con cascada a segunda. Os gañadores levarán vales canxeables por material deportivo e productos da terra.

As inscricións custan 18 euros e son limitadas polo que a organización insta a chamar para inscribirse nos teléfonos 626 817 048. A data límite é o domingo, 22 de setembro.

A asociación cultural e deportiva As Minas organiza o encontro co que colabora o Concello pontenovés e varias empresas.

Etiquetas