Skip to main content
ActualidadeBurelaRiotortoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

A Garda Civil investiga a un alfocense por un roubo en Burela e a un riotortense por causar danos

Por 18 Setembro, 2019Sin comentarios

A Garda Civil imputou en calidade de investigado na localidade da Pontenova a un veciño de Riotorto de 64 anos de idade como suposto autor dun delicto de danos. Os feitos dos que foi acusado tiveron lugar no mesmo termo municipal, cando o presunto culpable raspou lonxitudinalmente cun obxecto punzante dous vehículos e a porta dun garaxe.

O investigado pasou a disposición do xuíz.

Ademais, os axentes imputaron en calidade de investigado en Burela a un veciño de Alfoz de 20 anos como suposto autor dun delicto de roubo con forza nas cousas, tras entrar nun trasteiro dunha vivenda situada no termo da localidade burelesa. A persoa investigado pasou á disposición do xulgado.